O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Obradoiro de coroas vexetais de nadal

A concellaría de Mocidade presenta un Obradoiro de coroas vexetais de Nadal para as vacacións escolares dentro do programa QuedaTeo. Será para a rapazada de 10 a 20 anos o mércores 23 de decembro na Casa Común de Oza. Haberá dúas quendas: de 11:00 a 12:20 horas e de 12:40 a 14:00 horas. A actividade é de balde e podes anotarte enviando un correo electrónico a mocidade@teo.gal indicando o nome completo, teléfono de contacto e no caso de precisar transporte a parada de bus solicitada. As prazas adxudicaranse por orde de entrada dos e-correos.

Máis información premendo aquí

coroa
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento