O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Apalpador na carballeira de Francos

O Apalpador chega a Rúa de Francos cunha gran sorpresa para as crianzas de Teo.

Para brincar con el achégate á carballeira de Francos na fin de semana do 19 e 20 de decembro entre as 12.00 e as 13.30 h e entre as 16.00 e as 17.30 h. Non é necesaria inscrición previa.

O Apalpador é un un vello xigante de barba rubia que vive nas devesas galegas facendo carbón para escorrentar o frío do inverno. Na época do Nadal baixa para visitar as crianzas e adoita comprobar se están ben alimentadas, para iso, ás veces, apálpalles o bandullo e déixalles unha presada de castañas para que se alimenten de xeito saudable. Acostuma desexarlles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura murmurando “así esteas todo o ano”.

Máis información premendo aquí

 

Apalpador
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento