Monólogo de Pedro Brandariz en Lampai

Pedro

O domingo 16 de agosto ás 19:00 horas teremos en Lampai un monólogo con Pedro Brandariz baixo o título Technologies. A actividade, de balde, será no campo da festa do Mosteiro de Lampai xunto á Casa Común. Este monólogo forma parte da programación cultural municipal do mes de agosto.