O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Fíos do querer de Cé Orquestra Pantasma no Auditorio Cosntante Liste

O espectáculo-obradoiro Fíos do Querer de Cé Orquestra Pantasma cambia de localización por mor da previsión climatolóxica.

Estaba previsto realizalo no Parque dos Tilos, pero como o tempo ameaza chuvia realizarase no Auditorio Constante Liste da Ramallosa mantendo o día e a hora previstos: mañá sábado 26 de setembro ás 17 h.

 

 

Fíos do Querer é un espectáculo de Cé Orquestra Pantasma Obradoiro para familias con crianzas de 0 a 6 anos. Este obradoiro musical ten como obxectivo aprender cantigas e está pensado para cantar, bailar e xogar en familia.

Acompañadas polas familias, as crianzas gozarán de cantigas de primeiras palabras, para abanear, para dar bicos, abrazos, facer palmas, o cabaliño…

Este espectáculo está dividido en dúas partes: unha primeira de música para xogar, cantar e bailar e unha segunda de exploración instrumental con axóuxeres e obxectos sonoros feitos a partir de materiais naturais.

O espectáculo-obradoiro realizarase no parque dos Tilos o sábado 26 de setembro ás 17 h.

As prazas están limitadas a 25 crianzas, acompañadas pola familia, é de balde con inscrición previa que pode realizarse a partir do 14 de setembro, por orde de entrada, enviando o nome completo das persoas asistentes e DNI (no caso de telo) ao enderezo-e politicalinguistica@teo.gal

O espectáculo cumprirá coas medidas sanitarias establecidas na data do evento e que se comunicarán ás familias a través do enderezo-e no que realicen a inscrición.

Fíos do querer
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento