Entroido na parroquia de Rarís

entroido

Arranca en Teo o entroido tradicional dos xenerais da Ulla na parroquia de Rarís o domingo 9 de febreiro. Despois de percorrer a parroquia durante a xornada rematarán co atranque no campo da festa (GPS: 42º 46' 51.28" / 8º 33' 48"). Os días 15 e 16 de febreiro celébrase en Reis e o 22 en Santa María de Teo. O entroido dos xenerais da Ulla está declarado festa de interese turístico de Galicia.