O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Entroido en Reis

Celébrase o entroido na parroquia de Reis o sábado 15 e domingo 16 de febreiro. Ademáis dos xenerais, correos e coro de bonitos sairá o Demo, unha figura tracional de Reis. Os atranques faranse no campo da festa (GPS: 42º 46’ 17.9’’ / 8º 33’ 10.1’’)

As comparsas e os xenerais percorrerán durante a fin de semana os seguintes lugares: Coira, Freixeiro, Valiñas, Samar, Pazos, Montecelo, Piñeiro, A Freiría, a Ribeira, Ferreiriño, Chao do Río, Outeiro, o Calvario, a Ribeira, Olveira, Xermeade, Pontevea e rematarán co tradicional atranque no campo da festa nas dúas xornadas. 

Máis información sobre o entroido dos xenerais da Ulla premendo aquí

entroido
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento