Charla sobre o uso dos herbicidas

herbicidas

Dentro do ciclo de charlas sobre a emerxencia climática o 12 de febreiro teremos no salón de plenos unha sobre o que conteñen os herbicidas e o efecto que teñen sobre as persoas. Falará do tema Damián Romay Cousido, biólogo e investigador da UdC. A conferencia será ás 19:30 horas e o acceso é libre ata completar aforo.