Benvida ao entroido no Mercado do alimento labrego

entroido

O Mercado do alimento labrego dos Tilos celebra o 8 de febreiro unha festa de benvida ao entroido tradicional dos xenerais da Ulla. Na praza circular dos Tilos poderanse degustar petiscos típicos destas datas e os/as máis pequenos/as da casa poderán participar nun obradoiro con Títeres Cachirulo a partir das 12:00 horas #xeneraisdaulla #entroidotradicional