O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Baobab Teatro presenta a obra "Mai Mai" na Ramallosa. PRAZAS ESGOTADAS.

AVISO. Prazas esgotadas para a obra Mai Mai. Desculpan as molestias. 

Mai Mai é a historia do último Oso Panda do planeta e a súa loita por sobrevivir. A falla de comida e os problemas ocasionados polo quentamento global fan difícil a supervivencia desta especie. Unha muller forte e emprendedora e un famoso fotógrafo comezan unha viaxe por separado para atopar o último Panda do planeta, toda unha aventura na que se atoparán unha chea de problemas que solventar….

Unha historia tenra e moi divertida onde se mestura o amor, a codicia, o éxito e a concienciación medioambiental. Unha historia que fala de revolución,  que plasma o empoderamento da muller e nos fará meditar sobre o que estamos a facer con nós e co noso planeta.

Baobab Teatro presenta esta proposta de teatro para nenos/as a partir dos 5 anos no Auditorio Municipal da Ramallosa o sábado 19 ás 18:00 horas. A actividade é de balde pero é preciso reservar entrada enviando un correo electrónico a entradascultura@teo.gal indicando o nome e número de entradas ademais dun teléfono de contacto. 

mai mai
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento