O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

ADIADO. Carreiro outubro. As pisadas de San Simón

(EDITADO) Á vista da nova normativa sanitaria, publicada no DOG do 14 de outubro de 2020, Deportes acorda adiar o carreiro previsto para o domingo 18 de outubro. Informarase dunha nova data cando a situación sanitaria o permita dándolle preferencia ás persoas anotadas. 

A concellaría de Deportes programou un novo carreiro para o mes de outubro. Neste caso será o domingo
18 de outubro ás 10:30 horas co título ‘As pisadas de San Simón’. O punto de saída será o campo da festa de
de Vilanova en Recesende e durante a ruta pasarase por Casaldomiro, Requián, Pisadas de San Simón, Bustelo, Seoane e volta a Vilanova. Trátase dunha ruta de difi cultade media accesible para persoas acostumadas a camiñar cunha distancia de 7,5 quilómetros. Para anotarse ou solicitar información hai que dirixirse ao correo electrónico deportes@teo.gal ou chamar ao 981 815 700 

Deportes iniciou en setembro un programa de sendeirismo anual que nos levará a percorrer todas
as parroquias do Concello. Deste xeito, deséñanse rutas accesibles e recoñecibles para que calquera
as poida realizar sen necesidade de guía ou acompañamento.
 

cartaz
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento