O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Xuntanza informativa sobre o TeoBús en Teo

O departamento de Mobilidade convoca xuntanzas informativas para mellorar o servizo do TeoBús. O 5 de setembro ás 20:00 horas celébrase na Casa Común de Teo. O Concello quere contar coa opinión da cidadanía para darlle unha volta ao servizo. Para iso convócase unha reunión para reorganizalo tendo como prioridade o acceso ao mesmo nas parroquias que carecen do servizo. 

Teobus
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento