O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Obradoiro feminicidio

Os actos de conmemoración do Día da muller rematan o xoves 14 de marzo cun obradoiro sobre o libro de Carme Adán Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión. O obradoiro será ás 19:30 horas na Casa Común de Cacheiras. Consistirá nunha breve exposición sobre o tema por parte da autora, lectura de textos e posterior debate coa xente que participe. Para inscribirse hai que chamar ao teléfono do Centro de Información á Muller (CIM) de Teo. As persoas que asistan poderán vir polo Concello a buscar o libro nos días previos para poder aproveitar mellor o obradoiro.

feminicidio
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento