O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Entroido en Vilariño

O domingo 10 de marzo celébrase o entroido en Vilariño. Inicialmente estaba previsto para o 3 de marzo pero por mor da choiva cambiouse de data. O percorrido tradicional comeza no campo da festa e vai cara a Cerdeira antes do xantar. Despois de comer, percorren a outra parte da parroquia cara Bamonde para volver ao campo da festa e dar os atranques. As coordenadas GPS do campo son 42º 46’ 23’’ e 8º 31’ 40’’

xenerais
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento