ANÚLASE o entroido en Vilariño

entroido

(EDITADO) Á vista da previsión de choiva para este domingo 3 de marzo a organización do entroido de Vilariño acordou anulalo e adialo para o próximo domingo 10 de marzo. O percorrido tradicional comeza no campo da festa e vai cara a Cerdeira antes do xantar. Despois de comer, percorren a outra parte da parroquia cara Bamonde para volver ao campo da festa e dar os atranques. As coordenadas GPS do campo son 42º 46’ 23’’ e 8º 31’ 40’’ •