O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

VI aniversario Avelino Pousa Antelo

O luns 20 de agosto ás doce da mañá na Casa do Concello de TEo ( A Coruña) terá lugar o acto de homenaxe a Avelino Pousa Antelo no VI aniversario do seu pasamento.

Actos:

1. No Salón de Plenos da Casa do Concello de Teo:

- benvida institucional do Concello de Teo

- saúda a cargo de Alfonso Blanco Torrado, presidente da irmandade avelino pousa antelo

- lectura da acta de concesión do VII caxato Avelino Pousa Antelo

- laudatio a cargo de Xosé Lastra Muruais

- recitado poético Xoán X. Abella

- entrega por parte de Mónica e de Miro Casabella do  VII caxato de Avelino Pousa Antelo (autoría de Xosé Valdi) ao profesor Antón Costa Rico

- palabras do profesor Antón Costa

- intervención da familia Pousa

- intervencións musicais  do gaiteiro nubeiro Raúl Galego.

 

2. No paseo Avelino Pousa na urbanización Os Verxeis:

- intervención de  Baldomero Iglesias (Mero) no nome da irmandade Avelino Pousa

- ofrenda floral

-  intervención da familia Pousa

- peche do acto a cargo da  representación do Concello de Teo.

Avelino
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento