As varietés do Barriga Verde

barraca barriga verde

Dentro da programación de Titiriberia este ano na véspera do San Martiño, o sábado 10, preséntase As varietés do Barriga Verde. Trátase dun espectáculo conducido pola actriz e cantante Iria Pinheiro, con acompañamento dos músicos Alonso Caxade, Joam Casas e Pablo Nogueiras e actuacións de Monicreques de Kukas, Diego Anido, Arturo Nono, Títeres Alakran, Tanxarina Títeres e Mircromina. Comeza ás 21:30 horas e está dirixido a público adulto.