Servizo de apoio ás xestións catastrais

catastro

O servizo de apoio ás xestións catastrais que oferta o Concello de Teo atende os venres no salón de plenos do Concello, agás a última semana de mes que o fai o sábado. Os sábados atende na Aula de Informática, no Auditorio Municipal Constante Liste. Consulta aquí o calendario cos días de atención deste ano. O venres 20 de abril atende no salón de plenos dende as 09:00 horas.