Ruta As beiras do Río Ulla. Goza do Ulla.

Goza do Ulla

O sábado 15 de setembro realizarase a ruta As beiras do Ulla, incluída no programa Goza do Ulla, que partirá ás 09.00 h desde a área de lecer do Xirimbao.

A ruta necesita inscrición previa que debe facerse no Departamento de Deportes do Concello de Teo ata o 10 de setembro.

Para obter máis información pode contactar co Departamento de Deportes no 981 815 700 ou mediante o enderezo deportes@teo.gal