O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Observación do ceo nocturno no patrimonio arqueolóxico

O venres 10 de agosto farase unha obradoiro de astronomía cultural e física dende o petróglifo da Pena Bicuda. Farase a simple vista ademais de contar tamén con prismáticos e telescopios e preténdese facer unha observación astronómica en relación co patrimonio arqueolóxico. O punto de encontro dos/as participantes será a carballeira da igrexa de Luou ás 22:00 horas (coordenadas GPS: WGS84: 42º 48´11"N/ 8º 35´03" W). A duración da actividade é de entre dúas e tres horas e recoméndase roupa axeitada e algo de para sentarse no chan.

Para participar hai que anotarse chamando ao teléfono do Concello, 981.815.700 ou enviando un correo electrónico a cultura@teo.gal. Nese correo electrónico hai que indicar o nome e apelidos, DNI, data de nacemento e teléfono de contacto das persoas que queren participar. Estes datos son necesarios para tramitar o seguro correspondente para a actividade.

observación
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento