Observación das perséidas en Lampai

perséidas

O domingo 12 de agosto ás 22:00 horas dende o monte da Agrela en Lampai realízase unha observación astronómica das perséidas. Esta actividade forma parte do programa de divulgación astronómica TodoCosmos no que o Concello de Teo participa dende hai anos. Para asistir a esta observación non é preciso anotarse sendo suficiente estar no lugar da actividade á hora do comezo. AVISO: Dende o programa Todocosmos que coordina a observación prevista para esta noite comentan que en caso de que o ceo estea moi anubado e non permita facer a actividade en condicións esta quedará suspendida ata setembro cando se fixará nova data