O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Obradoiro "Bailar a canda os tempos"

Dentro da programación do día da muller o luns 5 de marzo organízase o obradoiro "Bailar a canda os tempos" no Auditorio Municipal Constante Liste ás 19:30 horas. Trátase dunha actividade que promove a reflexión sobre cuestións como qué se transmite coa ensinanza e a práctica do baile tradicional e como se debe transmitir á xente máis nova. O obradoiro está especialmente dirixida a asociacións e profesionais da música e do baile pero tamén a calquera persoa interesada no tema. O obradoiro será impartido por Carme Campo e Chus Caramés. Para anotarse hai que escribir un correo electrónico a cim@teo.gal ou chamar ao 981.809.707.

 

obradoiro
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento