O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Faladoiro "andar cos tempos... ou de como cribar o gran para mañá"

O programa do Día da muller contará co faladoiro Andar cos tempos...ou de como cribar o gran para mañá (venres 9 de marzo ás 19:30 horas no salón de plenos). Será un encontro vinculado á exposición do mesmo nome, coa intención de revisar o baile tradicional galego con perspectiva de xénero, debatendo se a tradición é un concepto estático ou se "anda cos tempos" e como se legará á xeración seguinte. 

faladoiro
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento