Elisa e Marcela, da Panadaría no Auditorio Constante Liste -A Ramallosa

Elisa e Marcela no Auditorio Constante Liste

O sábado 3 de novembro ás 21:30 horas no Auditorio Constante Liste -A Ramallosa , a compañía A Panadaría presenta en colaboración co Centro Dramático Galego  "Elisa e Marcela" . Gañadora de gran número de premios, entre eles catro María Casares (Mellor Espectáculo, Mellor Dirección, Mellor Texto Orixinal e Mellor Actriz Protagonista), relata a historia de dúas mulleres, Elisa e Marcela, que casaron no 1901 na igrexa de San Xurxo na Coruña converténdose no primeiro matrimonio homosexual de España.  Dirixida a un público adulto, a obra aborda en clave de humor o casamento e os posteriores sucesos que envolven a súa historia.

A entrada é de balde ata completar aforo