Día da bicicleta

bici

O 18 de novembro celébrase o Día da bicicleta na explanada do cemiterio de Cacheiras. Trátase dunha proba lúdica non competitiva para todos os públicos na que se fará unha ruta dunha hora en bici. É obrigatorio o uso do casco. Organiza o Club ciclista Teo e colabora o Concello de Teo. A proba comeza ás 11:00 horas.