Contacontos na BPM do Grilo-Cacheiras

María e os ollos alabarados de Xarope Tulú

Este venres poderemos celebrar a Semana das Letras co espectáculo María e os ollos alabarados de Xarope Tulú. Un espectáculo para tódolos públicos a partir da obra de María Victoria Moreno na que a través de diversos fragmentos e relatos da súa obra(Mar adiante, Pan con chocolate, Querida avoa, Leonardo e os fontaneiros ou Eu conto, ti cantas)percorreremos o universo da autora:a importancia dos afectos no ámbito educativo, o respeito á natureza ou o amor polos animais. Esta actividade forma parte do programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. A entrada é de balde ata completar aforo