O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Contacontos infantil na Biblioteca do Grilo-Cacheiras

O venres 19 de outubro ás 18:00 h Os Biosbardos presentan na BPM do Grilo-Cacheiras  Como axudo a Antón?, un contacontos sobre o bulling, que se desenrola en dúas partes, unha primeira onde conta a historia, e unha segunda un pequeno debate sobre o tema,onde os nenos califican o comportamento das persoaxes do conto cunhas tarxetas vermellas ou verdes que lles entregan, e entre todos intentan correxir o que consideran que está mal.

Dentro do programa de animación á lectura Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, está recomendado para público de 6 a 12 anos. A entrada é de balde ata completar aforo.

Os Biosbardos na BPM do Grilo-Cacheiras
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento
Parroquia