O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Concerto infantil con Pakolas no Auditorio Constante Liste

O sábado 15 de decembro ás 18:30 no Auditorio Constante Liste,“Contos, Cores e Rock´n´Roll” chega da man de Pakolas como un espectáculo de pequeno formato onde a interacción coas nenas e nenos, a súa música acompañada por contos e historias, e as cores e debuxos en directo de Laura Romero son o principal atractivo para o público. Esta proposta multidisciplinar crea así unha escena na que non so se pode gozar da música, senón tamén do debuxo e as cores que a rodean. Un espectáculo para todos os sentidos.

Paco Cerdeira (Pakolas) guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e tocando a guitarra, e contando nesta ocasión co apoio de Laura Romero (Ilustradora), dando unha nova dimensión visual coa creación en directo de debuxos con cores que acompañan ás cancións e contos que nelas se recollen, e axudando así a Pakolas na presentación dos seus protagonistas animais.

A entrada é de balde ata completar aforo.

Pakolas no Auditorio Constante Liste
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento
Parroquia