O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Charla sobre a prevención da nespra asiática

O Concello inicia unha campaña de prevención da nespra asiática. O sábado 13 de xaneiro ás 19:00 horas no Salón de plenos farase unha charla informativa co entomólogo Lolo Andrade que ademais é experto na loita contra a velutina. Nesta actividade, aberta a calquera veciño/a interesado/a falarase sobre as características e comportamento da nespra asiática e explicaranse as principais medidas prácticas que se poden aplicar para previr a súa expansión.

velutina
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento