Cantos de taberna de véspera

cantos de taberna

Coincidindo coa véspera do San Martiño, o sábado 10 de novembro, o Concello de Teo súmase ao auxe das cantarelas populares e convoca a I edición dos Cantos de Taberna de Véspera. Os grupos cantarán entre as nove e as once da noite polas polbeiras instaladas na Carballeira. Na imaxe pódese ver o horario dos grupos anotados. Unha vez rematen os grupos de cantos de taberna comezará una actuación da charanga Os Herdeiros na mesma carballeira.