O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Asesoramento sobre a factura eléctrica

Todos os mércores, de 10:00 a 12:00 horas no salón de plenos da Casa do Concello, ofrécese un servizo de asesoramento sobre a factura eléctrica de balde. O servizo, dependente do programa Teo Sostible, contará coa presenza do persoal do equipo da profesora da USC, Rosa Regueiro. Para poder aproveitar o servizo é convinte achegarse coas copias das facturas dos últimos meses para poder avalialas.

bombilla
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento