O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Xornada pola biopsia líquida na piscina

A piscina municipal climatizada da Ramallosa acolle o sábado 8 de abril unha xornada solidaria a favor do proxecto de biopsia líquida, que promove un grupo de oncoloxía de hospital de Santiago. Haberá catro clases pola mañá e dúas pola tarde, con inscrición previa, a tres euros por clase como doazón. Tamén haberá un inchable acuático a tres euros a media hora. Na entrada, situarán dúas bicicletas estáticas e cada quilómetro percorrido suporá unha doazón dun euro. A piscina contará ademais cunha canle solidaria, coa que se doará un euro por cada cen metros nadados.

piscina
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento
Parroquia