O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Teenses pola igualdade presenta A cousa de Bernarda Alba

Dentro da programación do Mes do teatro do Concello de Teo chega ao Auditorio Constante Liste a obra A Cousa de Bernarda Alba, representada pola Asociación Teenses pola Igualdade o sábado 21 de outubro ás 21:00 horas. A obra está dirixida a público adulto. O acceso é de balde ata completar aforo. O departamento de cultura agradece a colaboración do público co Banco Veciñal de Alimentos cunha achega de produtos non perecedeiros.

Mes do teatro
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento