O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

PicoTeo. I Xornadas Enogastronómicas Culturais en Teo.

Celébrase o PicoTeo, as I Xornadas Enogastronómicas Culturais en Teo os días 20, 21, 22, 27, 28 e 29 de outubro e 3, 4 e 5 de novembro en dezanove locais da hostalaría local. Durante estas xornadas poderanse degustar petiscos elaborados con produtos galegos con certificación de calidade. Toda a información sobre o PicoTeo na web quedamosdetapas.com

A clausura do PicoTeo farase na feira do San Martiño o 11 de novembro, onde tamén se coñecerán os gañadores dos sorteos.

O horario de servizo do PicoTeo será os venres de 20:00 a 23:00 horas e os sábados e domingos de 13:00 a 16:00 horas e de 20:00 a 23:00 horas.

PicoTeo
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento