Observación astronómica en Lampai

todocosmos

O Concello de Teo organiza unha observación de estrelas o 24 de agosto ás 22:00 horas no mirador da Agrela en Lampai. Para participar non é preciso anotarse. Só achegarse á zona nese horario. Esta actividade forma parte do programa de divulgación astronómica Todocosmos impulsado pola USC. AVISO: Á vista da previsión meteorolóxica, que anuncia bastante nubosidade, é probable que esta actividade quede para o venres 25, en caso de non podela realizar hoxe de xeito óptimo.