O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O mundo máxico de Pinocho no Auditorio Constante Liste o 2 de xuño

O Auditorio Constante Liste da Ramallosa acolle o venres 2 de xuño ás 19.30 horas a representación de O mundo máxico de Pinocho, o músical de moda entre o público infantil.

ENTRADAS

A gran asistencia de público cando se programan musicais infantís obriga ao Concello de Teo a establecer un sistema de reserva e recollida de entradas para favorecer a gratuidade das familias empadroadas en Teo.

Condicións:

Terán prioridade os/as nenos/as empadroados/as en Teo entre os 3 e os 10 anos.

Cada neno/a recibirá, xunto coa súa entrada, outra para un/unha acompañante adulto.

Reserva de entradas:

No momento de realizar a reserva debe indicarse o nome e apelidos dos/as nenos/as que queiran asistir á función para realizar a correspondente comprobación no Padrón de Habitantes.

Poderase reservar a entrada  por teléfono no:

981 815 700, ou de maneira presencial no Departamento de Cultura, na Biblioteca do Grilo, na Biblioteca dos Tilos ou na Aula de Informática municipal. O prazo estará aberto dende o luns 29 ata o 1 de xuño, por  orde de entrada.

Recollida de entradas:

Realizarase nos lugares indicados anteriormente unha vez comprobado o empadroamento. No caso de quedar entradas libres, abrirase un novo prazo non suxeito a estas condicións.

Día da función:

Solicítase puntualidade. Unha vez comezada a función non se permitirá o acceso a esta.

 

Pinocho
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento