O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O grupo de teatro municipal presenta Hotel Ramallosa

O grupo de teatro municipal representa a obra Hotel Ramallosa no Auditorio Constante Liste o domingo 22 de outubro ás 19:00 horas. A obra está dirixida a público adulto e forma parte da programación do Mes do teatro en Teo. O acceso é de balde ata completar aforo. O departamento de cultura agradece a colaboración do público co Banco Veciñal de Alimentos cunha achega de produtos non perecedeiros.

Mes do teatro
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento