O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Migallas teatro presenta Un avó especial na Ramallosa

Dentro da programación do mes das letras o sábado 20 de maio Migallas teatro presenta a obra "Un avó especial". Será no Auditorio Constante Liste, na Ramallosa, dende as 19:30 horas. A entrada é de balde ata completar aforo. Trátase dunha peza teatral indicada para un público infantil e familiar. Dende a Concellaría de Cultura agradecen a colaboración dos asistentes co Banco Veciñal de Alimentos (con produtos non perecedeiros como leite, conservas...)

Teatro familiar
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento
Parroquia