O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Matrícula nas escolas infantís municipais

O 1 de xuño abre o prazo de matrícula nas escolas infantís municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa. O impreso de matrícula pode descargarse premendo aquí. O prazo de matrícula remata o 15 de xuño.

As persoas que acadaron praza na listaxe definitiva de admitidos/as nas escolas infantís deben entregar no Rexistro xeral do Concello o impreso debidamente cuberto en prazo, entre o 1 e o 15 de xuño ambos incluídos. No caso de non formalizar a matrícula perderá o dereito á praza.

Máis información sobre esta convocatoria premendo aquí

escolas infantís
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento