O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O pasado 9 de novembro, os técnicos do Concello de Teo realizaron unha inspección ao inmoble do Centro de Saúde dos Tilos, logo de ter coñecemento do levantamento repentino de diversas pezas do pavimento cerámico da planta baixa, debidamente localizado.
Á vista das observacións realizadas na zona nas que se desprenderon as pezas, comprobouse a case inexistente presenza de material adhesivo de agarre, ademais de non apreciarse gretas, fisuras, deformacións nin outros indicios de alteración ou movemento estrutural que puidera derivar en danos estruturais importantes. De feito, o posible factor desencadenante deste levantamento de baldosas, puideron ser as variacións térmicas e as correspondentes dilatacións do pavimento, xunto coa inexistencia de xuntas de dilatación adecuadas.
Neste senso, o Goberno local repuxo todo o material danado o mércores 11 de novembro, coincidindo co festivo local, e rematou na fin de semana para evitar molestias aos pacientes e traballadores sanitarios. De feito, cando se retiraron as baldosas afectadas, o propio luns 9 de novembro, a actividade asistencial desenvolveuse de forma normal e sen ningún tipo de incidencia.
Con todo, o Concello rexeita as queixas formuladas polo partido do Bloque Nacionalista Galego de Teo sobre esta situación puntual e lémbralle que este centro de saúde foi reacondicionado, con melloras no sistema de calefacción, co cambio da caldeira, de diversos radiadores e da bomba de circulación. Tamén se renovou a pintura de diferentes estancias e se optimizou a iluminación interior.
Polo tanto, non hai ningunha pasividade por parte deste Executivo local con este nin con ningún outro centro de saúde de Teo e lamenta a falta de rigorosidade por parte do partido da Oposición, que só busca causar malestar entre a veciñanza e levantar unha preocupación totalmente desproporcionada e desenfundada.