O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello organiza para o vindeiro 22 de novembro un mercado de segunda man e liquidación de existencias na explanada da Casa Común de Oza. Baixo o título “Teo Circular”, este pequeno mercado permitiralle a particulares, asociacións e pequenos negocios vender produtos que estean en bo estado.
Desta forma, búscase alongar a vida útil dos obxectos, evitando que rematen de forma prematura en vertedoiros, á vez que se fomenta unha mentalidade crítica fronte á cultura do “usar e tirar” e a moda rápida.
A participación con posto é de balde, con prazas limitadas. O prazo de inscrición remata o 13 de novembro. Para inscribirse ou consultar dúbidas, cómpre poñerse en contacto con Totem Xestión, a empresa encargada da organización deste mercado (info@totemgestion.com / 604 04 83 41).
Ademais, aproveitando a celebración deste mercado, que estará aberto ao público en horario de 11.00 a 19.30 horas, o Concello proxectará unha zona infantil e troco de libro, ademais doutras actividades para grandes e pequenos. Entre elas, haberá sesión vermú con cantina e un concerto de #dosenpunto, obradoiros familiares e un magosto.

*NOTA: en caso de mal tempo, trasladarase ao pabillón municipal Ezequiel Mosquera, na Ramallosa.