O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello licita por dous anos o contrato que abarca o servizo de roza de vías, pistas e camiños de titularidade municipal, por un importe superior aos 126.500 euros. Os interesados teñen toda a información do proceso na Plataforma de Contratación do Sector Público e poderán presentar ofertas ata o vindeiro 4 de maio.
Así, ante a falta de recursos materais e persoais propios do Concello, cómpre sacar o dito contrato para cumprir o deber competencial de manter os camiños e cunetas nas condicións idóneas. Así, o contrato consistirá en levar a cabo a dita roza nas parroquias de Cacheiras, Calo, Lampai, Recesende e, a xeral, de Luou a Reis, segundo o listado que figura no informe elaborado polo Servizo de Parques e Xardíns.
Concretamente, rozarase unha lonxitude que ascende a 27 km 255 m na parroquia de Cacheiras, 88 km 406 m na parroquia de Calo, 13 Km 15 m na parroquia de Lampai, 10 Km 784 m na parroquia de Recesende e 5 Km 801 m na xeral Luou_Reis. A totalidade dos Km ascenden a 145 Km 261 m.
A roza consistirá na vexetación herbácea e arbustiva en 3 metros a cada lado da calzada onde a vía o permita. Comprenderá tanto segado como roza nas marxes e medianeiras das estradas (mediana, bermas, marxes e taludes) para evitar que se obstaculice a visibilidade na circulación, evacuación de auga e se faciliten os incendios ou calquera outro aspecto funcional.
Tamén se eliminarán, todas aquelas ramas, de arbustos ou árbores que ocupen os camiños ou as súas marxes, deixando as vías despexadas desta ata unha altura mínima de 4,5 metros. Levarase a cabo de xeito manual ou con rozadoira sobre tractor con brazo articulado en función do terreo e sempre coa obriga do adxudicatario de adoptar as medidas preventivas e de sinalización que sexan precisas.