O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello licita o contrato de afirmado e acondicionamento do viario municipal entre Montouto e Penelas. Procederase á limpeza de gabias e á mellora da capa de rodaxe, mediante o reasfaltado da calzada con aglomerado, previa reparación de baches e perfilado de mordentes. En total, arranxarase un tramo que comprende unha lonxitude de 1.790 metros lineais, con anchuras variables, e unha superficie total a aglomerar de 11.232 metros cadrados. Tamén se levará a cabo o recrecido das tapas de rexistro existentes ata a cota final de acabado e procederase á sinalización horizontal con pintado de liñas en bordos.
Esta obra lévase a cabo por mor do deterioro da vía, non só debido á antigüidade do último pavimento realizado, senón tamén debido ás inclemencias meteorolóxicas e ao desgaste ocasionado polo tráfico de vehículos diario. Por iso, con esta mellora da capa de rodamento garantiremos unha circulación cómoda e segura para todos os usuarios.
Os interesados neste proceso de licitación teñen toda a información na Plataforma de Contratación do Sector Público e poderán presentar ofertas ata o vindeiro 9 de novembro.