O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Teo celebrará o Día Internacional da Muller Rural o vindeiro sábado 11 de outubro

| compartir:

O vindeiro sábado 11 de outubro celebrarase a II edición do Día da Muller Rural en Teo, con motivo do Día Internacional da Muller Rural, que se celebra cada 15 de outubro. Así, o Concello organiza, por segundo ano consecutivo, diversas actividades para conmemorar este día entre toda a súa veciñanza.

A xornada terá lugar no centro cultural A Ponte Vella durante toda todo o día. Comezará ás 10.00 horas cun obradoiro sobre cosmética natural, impartido por DeVagar. Analizaranse as diferentes plantas do entorno como ingredientes cosméticos para logo elaborar champú con plantas medicinais e maquillaxe natural, tal como protector solar natural ou bálsamo labial. 

Seguidamente, ás 12.30 horas, haberá unha charla sobre a alimentación das mulleres nas diferentes etapas da vida, impartido pola dietista e naturópata Idoia Fidalgo e Minia, de Latexos de Turismo. Nesta actividade, abordarase como o xeito de alimentarse de maneira consciente contribúe a mellorar o benestar xeral, reduce o estrés e a ansiedade relacionados coa comida.  

A sesión da tarde comezará ás 16.30 horas cun obradoiro sobre transformación e conservación de produtos agrarios. Alí, as persoas participantes poderán coñecer diferentes maneiras de conservación e profundizar na seguridade alimentaria e hixiene con técnicas de esterilización de tarros. Ademais, prepararanse varias conservas, aproveitando que é o mes do pemento, para elaborar conservas de pemento encurtido, agridulce, asado ou en escabeche. Así como elaborar xarope e marmelos. 

Pecharán esta xornada as pandeireteiras da asociación cultural "Cruceiro do Monte. 

Asociacións locais

Durante toda a xornada tamén haberá varios postos con información e cartelería da Asociación de Mulleres Rurais de Teo e da Asociación Teenses pola Igualdade. Tamén haberá exposición e venda de produtos artesáns teenses, integrantes de Arteneo; así como antigüidades da Tenda de Salo. 

 


 

FOTO

Arquivos descargables

Attachment Size
Cartaz DÍA DA MULLER RURAL.png 914.29 KB