Teléfonos e correos electrónicos de contacto cos departamentos municipais

16-03-2020
telefono

O Concello publica nun bando da alcaldía, dende o 16 de marzo de 2020 e durante o tempo que dure o estado de alarma declarado polo Goberno do Estado, o peche total da atención presencial nas oficinas municipais, agás aqueles servizos que se declaran esenciais para atender as necesidades prioritarias da cidadanía de Teo.

A atención nos servizos esenciais será unicamente telefónica e telemática. A atención presencial será motivada por razóns de urxencia e para isto precisará cita previa, a través do teléfono 981 815 700.

A Policía Local (606 984 838), o Servizo de Protección Civil (649.804720) estarán plenamente operativos. O Rexistro municipal estará aberto pero con atención restrinxida a casos excepcionais e inaprazables. Lémbrase que o Concello conta con sede electrónica para realizar a tramitación. Para entrar na sede podes premer aquí

Do mesmo xeito, recoméndase o uso dos correos electrónicos dos distintos departamentos para poder realizar xestións non presenciais así como dos teléfonos móbiles fóra do horario de oficina e en situacións de urxencia. A continuación detallámosvos os contactos dos distintos departamento.

  • Oficinas xerais: servizosxerais@teo.gal
  • Alcaldía: alcaldia@teo.gal
  • Secretaría: secretaria@teo.gal
  • Servizos Sociais: servizossociais@teo.gal. Teléfono fixo: 981809707. Teléfono móbil:  616226105
  • Centro de Información á Muller (CIM): cim@teo.gal
  • Urbanismo: urbanismo@teo.gal 
  • Medio Ambiente: medioambiente@teo.gal
  • Cultura: cultura@teo.gal, reservas.casas.comuns@teo.gal; maiteargibay@teo.gal. Teléfono móbil: 604034491
  • Servizos económicos: intervencion@teo.gal
  • Mocidade:mocidade@teo.gal. Teléfono móbil: 698183421.
  • Lingua: politicalinguistica@teo.gal
  • Deportes: deportes@teo.gal
  • Augas de Teo: augasdeteo@teo.gal. Teléfono móbil: 619 615 125
  • Emprego: aedl@teo.gal. Teléfono: 981.940.557
  • Orientación laboral: orientacionlaboral@teo.gal. Teléfono: 981941542
  • Turismo: turismo@teo.gal. Teléfono: 981936629.
  • Mobilidade: mobilidade@teo.gal. Teléfono: 604080470

Dende o Concello recoméndase que se sigan as instrucións ditadas polo Ministerio e a Consellería de Sanidade e, no caso de ter algún síntoma, contactar co 900 400 116. O concello pide a máxima colaboración da veciñanza seguindo estritamente as recomendacións das autoridades sanitarias e administrativas.