O pleno de setembro vota a modificación da ordenanza do prezo das escolas infantís

29-09-2020
casa do concello

A corporación teense reúnese este mércores 29 de setembro nunha sesión ordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

Na sesión votarase a modificación da ordenanza do prezo das escolas infantís municipais para recoller a bonificación do prezo no caso do segundo fillo. Tamén se leva a proposta de festivos locais que recolle que sexan o 13 de maio, Día da Ascensión e o 11 de novembro, Día do San Martiño. 

Outros asuntos para o debate son unha moción do BNG sobre a utilización dos fondos municipais por parte do goberno estatal e outra do PSdeG-PSOE sobre o protocolo fronte ao covid na volta ás aulas. 

A orde do día ten os seguintes puntos: 

  1. Aprobación da acta da sesión de 01.07.2020. 
  2. Dación de conta das resolucións da alcaldía (da 656/2020 á 861/2020).
  3. Dar conta do cumprimento do artigo 104 BIS da lei 7/1985, do 2 de abril, en relación co persoal eventual. 
  4. Dación de conta da resolución da alcaldía de modificación da delegación de atribucións en Dª Iria Otero Romero e Dª María López Álvarez. 
  5. Proposición da alcaldía de modificación da ordenanza reguladora do prezo público pola utilización das escolas infantís municipais. 
  6. Ratificación do decreto da alcaldía do 25 de setembro do 2020 aprobando o convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e os Concellos de Santiago e Teo para a coordinación dos servizos de transporte con orixe ou destino na urbanización dos Tilos. 
  7. Ditame da proposta da alcaldía de festivos locais 2021. 
  8. Ditame da moción do grupo municipal do BNG sobre a utilización dos fondos municipais por parte do goberno do Estado. 
  9. Ditame da moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre o protocolo fronte ao coronavirus na volta ás aulas este vindeiro curso escolar. 
  10. Mocións.
  11. Rogos e preguntas.