Educación convoca un curso de alfabetización dixital para familas

24-09-2020
edixgal

A Concellaría de Educación do Concello de Teo ,consciente da fenda dixital existente, segue adiante con actividades da alfabetización dixital que derruben muros formativos entre a cidadanía e as tecnoloxías. Ao fío deste obxectivo, esta Concellería organiza nunha iniciativa de alfabetización e capacitación dixital dirixida ao colectivo de pais e nais do alumnado teense. Trátase do curso de Desenvolvemento de Destrezas Dixitais, unha actividade que busca equipar aos pais, nais e titores dos recursos precisos para afrontar todo tipo de operacións e trámites relacionados coas Novas Tecnoloxías e a Educación; como por exemplo revisar as plataformas educativas ( EDIXGAL, GOOGLE CLASSROOM, AULA PLANETA) repasar nocións sobre o correo electrónico, os procesadores de texto, os buscadores, Google Drive, a Wikipedia... Con todo isto pretendemos, mellorar e/ou ampliar os seus coñecementos tecnolóxicos e así poder colaborar/supervisar o traballo dos seus fillos e fillas e en previsión de que debido ao desenrolo da pandemia, se realicen algunhas clases on-line.
 

A actividade, que é de balde, consiste nun curso de 8 horas de duración dividido en 3 días e realizarase en sete quendas entre o 26 de setembro e o 16 de outubro. Realizarase na Aula da Casa Común de Oza. Para dar cabida ao maior número de participantes, ofrecemos un horario variado, abarcando sesións de mañá, tarde e sábados. Pódese escoller entre as seguintes quendas:

MAÑÁS

  • 1ª QUENDA:Luns 28, martes 29 en horario de 10 a 13 horas e venres 2 de 10 a 12 da mañá.

  • 2ª QUENDA:Luns 5, martes 6 en horario de 10 a 13 horas e venres 9 de 10 a 12 da mañá.

  • 3ª QUENDA:Martes 13, mércores 14 en horario de 10 a 13 horas e venres 16 de 10 a 12 da mañá.

TARDES

  • 4ª QUENDA:Martes 29, mércores 30 en horario de 17 a 20 horas e xoves 1 de 17 a 19 da tarde.

  • 5ª QUENDA:Martes 6, mércores 7 en horario de 17 a 20 horas e xoves 8 de 17 a 19 da tarde.

  • 6ª QUENDA:Martes 13, mércores 14 en horario de 17 a 20 horas e xoves 15 de 17 a 19 da tarde.

 

SÁBADOS

  • 7ª QUENDA:Sábados 26/9 e 3/10 de 10 a 13 horas e sábado 10/10 de 10 a 12 horas.
     

Para formalizar a inscrición nesta actividade, as persoas interesadas deben cubrir a ficha de inscrición e presentala no Rexistro do Concello. Se necesita obter máis información pódese achegar á Aula de Informática do Concello, chamar ao número de teléfono 881957534, ou enviar un correo ao enderezo electrónico educacion@teo.gal

O curso, que será impartido por profesionais expertos do sector, vaise desenvolver baixo estritos protocolos de seguridade sanitaria; só haberá 10 prazas dispoñíbeis en cada quenda, co fin de asegurar a distancia entre os asistentes, e será obrigatorio levar máscaras ( cirúrxica ou FFP2), lavar as mans co xel hidroalcólico disposto á entrada da Aula da Casa Común de Oza.

Cada participante pode optar por traer o seu propio equipo se lle resulta máis cómodo.