O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O libreteo celébrase o sábado 23 con numerosos obradoiros para todas as idades

| compartir:

O Libreteo, unha xornada sobre o coñecemento libre, organizada pola asociación Aberteo celébrase o 23 de novembro no Auditorio Municipal Constante Liste. A actividade conta coa colaboración do Concello. 

Nesta edición o Libreteo comeza ás 10:00 horas cunha charla de presentación da Asociación Aberteo con Iván Tourís, o presidente da mesma. Ás 10:15 Iñaki Quenerapú falará de economía de troco. A continuación, ás 10:30 horas Adrián Serantes, voluntario do Banco municipal de electrónica contará o funcionamento do mesmo. Ás 10:45 volve ao escenario Iñaki Quenerapú para falar de Hacktivismo. Para estas charlas non é preciso anotarse e son de acceso libre. 

Ás 11:00 horas realízase un obradoiro de clown para nenos/as con prazas limitadas. Se che presta anotarte podes facelo premendo aquí. Este obradoiro de clown tamén se fará para persoas adultas ás 13:00 horas e podes anotarde aquí. Jorge Lama falará dende as 12:00 horas de Openstreetmap e neste caso tamén hai prazas limitadas

Xa pola tarde arrancan coa charla sobre mensaxería segura a cargo de Oriana Rey. De seguindo Quenerapú explicará como facer sitios web con Trece ás 16:15 horas. A reciclaxe terá o seu espazo na conversa das 16:30 horas con Adrián Serantes. Ás 16:45 Iván Tourís explicará o potencial das raspberry pi. Oriana Rey tamén fará un percorrido pola evolución dos medios o o mostro internet nunha charla ás 18:00 horas. 

Ás 17:00 horas haberá un obradoiro de radio para nenos con Miguel Castro. O mesmo obradoiro para adultos será ás 19:00 horas. Podes anotarde nalgún deles aquí

A xornada rematará coa entrega dos premios do concurso de verso libre. As bases deste singular concurso podes consultalas na web do Libreteo

Consulta a programación completa do Libreteo premendo aquí

Iván Tourís, presidente de Aberteo debulla o programa da xornada nunha conversa con Fran Campos en Radio Estrada. Podes escoitala premendo aquí

libreteo