REMATA O VERÁN ANIMADO DA SEGUNDA QUINCENA DO MES DE XULLO CON ACTIVIDADES E XOGOS POPULARES

31-07-2015
teo

Os 165 rapaces e rapazas que participaron no programa de conciliación Verán Animado despídense hoxe con novas actividades tras desfrutar onte dunha xornada de xogos populares na carballeira de Francos.

O Verán animado é un programa de conciliación familiar na época estival que ten como finalidade que as familias poidan conciliar a vida laboral co coidado dos fillos e fillas. Pero o seu obxectivo vai máis aló da conciliación xa que persegue a formación en valores dunha forma lúdica e divertida.

 

Este programa divídese habitualmente en dúas quendas divididas nas quincenas no mes de xullo, co cal está rematando o programa deste verán. Hoxe, 31 de xullo é o último día desta segunda quenda, que funcionou para un total de 165 rapaces e rapazas en horario de mañá nos colexios da Ramallosa e Calo e Os Tilos.

 

Na xornada de onte, os rapaces e rapazas desfrutaron dunha xornada de xogos populares na carballeira de Francos.

 

DIVERTEO SETEMBRO

 

O programa de conciliación para o mes de setembro, xusto nos días previos ao comezo das clases, xa ten aberto o prazo de solicitude ata o vindeiro 18 de agosto. A inscrición deberá facerse, como é habitual, entregando a ficha de inscrición no Rexistro Xeral do Concello durante o prazo establecido. Podes ver a convocatoria completa aquí .