O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

AS PISCINAS MUNICIPAIS DOS TILOS E LUOU ABREN A MEDIADOS DO MES DE XUÑO

| compartir:

As piscinas municipais dos Tilos e Luou, que só funcionan na tempada de verán, abrirán o luns 15 de xuño e estarán abertas ata mediados de setembro. Como en anos anteriores a instalación dos Tilos terá horario de mañá e tarde, de 11:00 a 14:00 horas e de 16 a 21:00 horas todos os días mentras que a de Luou terá este mesmo horario os sábados, domingos e festivos e de luns a venres só abrirá pola tarde entre as 16:00 e as 21:00 horas.

Para tramitar o abono de acceso ás piscinas descubertas hai que achegarse á recepción da piscina municipal da Ramallosa. O abono familiar para todo o verán custa 27 euros, cun incremento de 8 euros por cada membro de entre 18 e 24 anos. O abono individual de adulto custa 17 euros mentres que para os menores de 24 anos o prezo é de 14 euros. As persoas que queiran ir en días soltos poden mercar a entrada de 2,5 euros/día directamente na piscina descuberta. Os/as abonados/as da piscina climatizada teñen dereito ao acceso de balde ás piscinas de verán.

 

As familias que teñan a todos os membros en paro estarán exentos do pagamento para as piscinas dos Tilos e Luou e deben achegar a tarxeta de desemprego. Tamén están exentos de pagamento os maiores de 65 anos (a 1 de xuño da tempada) presentando o DNI e os menores de 5 anos (a 1 de xuño da tempada) amosando o libro de familia.

 

Máis información e inscrición na piscina climatizada da Ramallosa, no teléfono 981 803 922 ou no correo electrónico teo@aquafitgestion.com. Tamén actualiza a información sobre a actividade da piscina na súa páxina de facebook PiscinasTeo

teo