O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O CONCELLO RECOMENDA CHAMAR AO 012 SE SE OBSERVA A PRESENZA DE VESPA VELUTINA

| compartir:

Ante a aparición de varios casos de niños de vespa velutina en diversos puntos do municipio nas últimas xornadas, o Concello aconséllalle á poboación manter unha distancia prudente e non intentar a súa retirada. A principal recomendación é chamar ao servizo de emerxencias 012 e seguir as súas instruccións.

Este servizo, de ámbito autonómico, encárgase de asignar os medios que intervirán no confinamento, retirada e erradicación dos niños, de acordo co mapa de competencias que organiza este tipo de intervencións. Por iso, xeralmente no municipio de Teo debe intervir o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Estrada, que ademais conta cos equipamentos precisos para acometer estas tarefas con toda seguridade e eficacia.

 

A nespra velutina é unha especie invasora, e como tal é responsabilidade do goberno autonómico o seu control e retirada de enxames. Esta competencia realízase a través da central galega de emerxencias, que ten como vía de contacto o número 012.

 

A central galega de emerxencias ten mapificado o territorio de Galicia. Este reparto atribúe aos grupos de emerxencias supramunicipais unha extensión sobre a que ten que actuar. O territorio de Teo correspóndelle ao GES con base na Estrada.

 

O xeito de actuar adoita ser que este grupo sae determinados días e retira todos os enxames detectados nunha zona. Por iso, pode tardar varios días en actuar despois de remitido o aviso.

 

De todas maneiras, para trasladar un aviso o Concello recomenta que se faga tamén a través de Protección Civil de Teo, para evitar que se confundan as nespras velutinas con outras autóctonas e non perigosas. Estas confusións poderían causar desprazamentos inútiles do GES da Estrada. Esta última especie autóctona é a única depredadora das velutinas, polo que actuar contra dos seus enxames é erro.

 

A recomendación xeral que se ofrece ante a presenza de vespa velutina é gardar unha separación mínima de cinco metros, para evitar que se sinta ameazada, o que daría lugar a un posible ataque. Tamén convén non intentar a retirada con medios domésticos nin en horarios inapropiados, posto que iso pode contribuír a unha expansión aínda maior desta especie foránea. A retirada por parte dos servizos de emerxencia adoita facerse en horario nocturno e cun equipamento que garante a erradicación íntegra do niño.

teo